A república dos soños
O Couto Mixto foi unha “terra de ninguén” durante moitos anos. Os seus habitantes podían elixir a súa nacionalidade e dispoñían de privilexios como a liberdade de comercio. As leis que rexían este espazo tan singular gardábanse nun cofre baixo a custodia de tres chaves que estaban en mans de tres veciños das tres aldeas que conformaban o Couto Mixto.
No ano 1868, a través do acordo de fonteiras entre España e Portugal extínguiase o Couto Mixto e as tres aldeas pasaban a formar parte dos terreos españois. Ao mesmo tempo que desaparecía o Couto Mixto, tamén o facían os seus privilexios. O comercio complicouse e surxiron rutas clandestinas de contrabando e a presenza de bandoleiros pola zona encheron o imaxinario do lugar con lendas e contos onde se narran as súas feitorías.
Na actualidade o Couto Mixto é unha zona abandoada a súa sorte, a falta de comunicacións, a escasez de emprego atractivo para a xente nova fai que esta zona sufra a pandemia que sufre o rural galego e portugués: o abandono do rural polos grandes núcleos urbáns, o envellecemento da súa poboación e a falta de relevo xeracional.
Ver também: Um modelo de sucesso governativo
Sem comentários:
Enviar um comentário